Thursday 25 de April de 2024

Pino e Magalhães reflexionan sobre a sociedade actual en Fenómeno Fan


O libro Fenómeno Fan une a poesía de Clara Pino coa pintura de Xavier Magalhães para analiza-lo concepto de movemento de masas e, a partir de aí, abordar outros temas. Literatura e arte de corte intimista que fala moito de denuncia social e de feminismo.

O Auditorio do Museo Valle-Inclán foi novamente escenario dun encontro cultural con motivo da presentación desta obra ao público pobrense.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), acompañou no acto á autora Clara Pino, quen tamén se encargou de darlle o toque musical á cita, e ao editor Xabier Romero. Durante a súa intervención, a edil salientou a conexión de dous medios de expresión, de palabras e de trazos, para, a través da cultura, reflexionar sobre a sociedade actual.